Na estrea deste novo blog temos a un escritor convidado, Ramón Caride Ogando que vive e traballa en Cambados.
Pola
regatela
Ramón Caride
A estatua tras da reixa
Escribiu Oscar Wilde en De
Profundis: As cousas importantes da
vida acostuman a ser o que parecen ser, pero as pequenas cousas son símbolos, a
través delas recibimos as leccións máis
amargas con maior facilidade, e a través delas a vida revela a súa esencia, no
que ten de sublime e tamén de ridículo. Como don Manuel Fraga Iribarne naceu predestinado a ser estatua, ou case
(lembremos que aló polo 1959, e xa choveu, inauguraba o Valle dos Caídos, sunmun da estatuaria oficial, ofensa á
intelixencia e ao bo gusto, na compaña do Generalísimo –superlativo que sería
chocalleiro senón resultase tráxico ao cabo das décadas-). Como naceu para
estatua, dicimos, unha estatua súa non debía acadar a categoría de sublime,
pero en Cambados, coa axuda do señor Luís Aragunde, a estatua, unha estatua
tras da reixa do Pazo Torrado, acada o nivel de símbolo, do símbolo dun
ridículo. Tras da reixa, a perda da rúa polo homenaxeado faise aínda máis
evidente. Se era tan popular, e todos o queriamos tanto: para que agachalo?, e
se non o era: para que poñelo?
Seguramente sen pretendelo, o señor Luis Aragunde colocou ao señor
Grande Mestre do Capítulo Serenísimo no seu lugar natural: o pazo. Non sexa que
se mesture coa chusma. Á dereita española prívanlle os pazos, as estatuas e os
touros. Como explicar senón que o IVE para as corridas de touros sexa o 8%, e
para o cine ou o teatro (xa non digamos para a luz ou para os iogures) sexa o
21%? É doado de explicar: os touros requiren valor, o valor dos esfarrapados,
sen medo a morrer porque más cornás da el
hambre, e ademáis hai moita tradición neles. Xa os pintaba Goya –tamén
pintaba fusilamentos, de aí que pidan a pena de morte outra volta tamén- Pero a
verdadeira tradición dos touros son os señoritos, os que miran a corrida
fumando un xaruto desde a tribuna de sombra. De aí que Arias Cañete e o Rei
estivesen nos touros mentres ardía o parque natural de Garajonay, a tradición
di que os homes de peso deben ver os touros e os incendios con perspectiva. O
mellor dos incendios, para os señoritos, é que deixan ben limpos os montes para
as cacerías. As cacerías tamén son parte das nosas tradicións, coma as
procesións e o fútbol. Hai tantas tradicións que podiamos exportar algunha, a
ver se a crise se mitigaba.
O malo
é que exportamos algo preciado: os mozos e mozas mellor preparados do Salnés
están emigrando fóra ante a falla de perspectivas. O malo é a clase política
que padecemos, tan contentos todos ante o adianto electoral, uns porque queren
salvar a maoría mínima e o carghiño
antes de que a economía empeore máis; os outros porque o adianto electoral vén
fixar inimigo común e consolidar os, por agora, precarios liderazgos nuns
partidos de esquerda que conservan diso o nome. Uns e outros ven normal o éxodo
da xente nova máis preparada, mentres quedan os sumisos e as estatuas, os que
menos estorban. A política pode ser unha actividade nobre, pero non un modo de
vida. Non debía selo. Hai que repatilo, subir no carro nas xuventudes dun
partido con menos de vinte anos, e pasar a vida dentro do seu aparato fai
perder o contacto coa realidade, á forza. O sistema está viciado: estamos
pagando as farfulladas dos que seguen cos petos cheos, as nóminas intactas, e a
cara dura, mentres nos din que non hai alternativa. Ninguén revisa ningunha
xestión, ninguén pide contas. E por suposto, a clase política entende que non
ten porque dárnolas. O diñeiro estragado, ou directamente roubado, non se
devolve. Nin patacón. Os impostos indirectos
–e os directos- esmágannos aos de sempre. Pero ás grandes fortunas, ou as
exencións á igrexa, nin tocalas. Pan e circo, xa o dicían os romanos. Ou
como din os paisanos: se non hai pan veña
viño, e se pode ser albariño, mellor.
Un dos meus colaboradores concretamente Martin Cobas fixo un artigo contestación a este, digovolo porque o mellor igual llo queredes facer chegar o interesado. Este é a ligazón: http://atimeucambados.blogspot.com.es/2012/09/por-enriba-do-ben-e-do-mal-8un-artigo.html
ResponderEliminar