domingo, 17 de febrero de 2013

HOMENAXE AO GALERISTA LUÍS F. SILVOSO

O próximo venres 22 de febreiro ás 20:30 horas terá lugar  no Auditorio da Xuventude de Cambados a presentación do libro-homenaxe ao galerista cambadés Luís Fernández Silvoso.

Luís Silvoso dirixiu durante 13 anos a única Galería de Arte cambadesa, Borrón-4 e unha das poucas do Salnés. Luís dou a oportunidade a moitos artistas da bisbarra e de fóra da bisbarra de expoñer nese espazo, contribuíndo enormemente á dinamización da vida cultural cambadesa. En outubro de 2011 a consecuencia dun derrame cerebral morre con 57 anos. A derradeira exposición que Luís organizou na galería pertencía a Manolo Busto e foi este artista quen tivo a idea de editar o  libro de homenaxe ao galerista que agora se presenta. Manolo Busto e eu mesma encargámonos de recoller e organizar a información que nos facilitou Teresa Escariz, a súa viúva. O xornalista Carlos Crespo maquetou o material para a súa publicación.


Luís e a súa filla Mariña na entrada á Galería Borrón-4 na Avenida de Galicia.





Inauguración da Galería Borrrón-4 en xullo de 1998. Aparecen Manolo Paz, Xaquín Chaves, Luís Silvoso, Antón Lamazares e Juan Silva.

No acto intervirán:

Alberto F. Escariz, fillo do homenaxeado

Manolo Busto, pintor

Maribel Iglesias, mestra

Baldo Ramos, artista e escritor



 Teresa Escariz, viúva de Luís, fíxose cargo dos costes de edición. O libro estará á venda polo prezo simbólico de 5 euros. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario