miércoles, 13 de febrero de 2013

RUTAS DO ROMÁNICO MANTERÁ A SUA ACTIVIDADE CULTURAL NO SEU XXXI ANIVERSARIO






A Fundación Cultural Rutas do Románico manterá a súa notable actividade cultural no seu XXXI aniversario. Así o explicou o seu presidente, José Antonio Rodríguez Mouriño, na presentación da súa nova publicación. Un libro que, como vén sendo habitual, virá acompañado dunha ampla programación cultural que se desenvolverá nos próximos meses en diferentes escenarios da cidade de Pontevedra.
Unha revista que responde, dixo Rodríguez Mouriño, "a la voluntad y trabajo de la fundación y de todos aquellos que, un año más, deciden colaborar y que partiendo de cero apuestan por poner de pie con el mismo entusiasmo que el primer año, un proyecto cultural que en la medida de nuestras posibilidades difunde el amor y el respeto por las diferentes manifestaciones culturales".
Por iso é polo que tras destacar que nesta revista da Fundación Cultural Rutas do Románico "escribe gente muy importante, lo que le ha convertido en todo un referente a nivel internacional", o presidente do organismo anunciase que, en marco desta programación, mantéñanse os xa clásicos ciclos de conferencias, entre eles o dedicado a San Rafael Arnaiz Barón, patrón da fundación, que terá lugar o 15 de marzo no Museo de Pontevedra.
Ademais, organizarán un ciclo de charlas sobre a Arte en Galicia (18 e 19 de abril) e o XV curso internacional sobre O Camiño de Santiago e a Arte (9 e 10 de maio), ambos no sexto edificio do Museo de Pontevedra.
En canto aos concertos, Rutas do Románico programou nove citas, a primeira delas xa o pasado 8 de febreiro. Entre as próximas actuacións destacan a coral Thalassa (22 de febreiro) que cantará na Igrexa de San Francisco, así como outros sete concertos que se celebrarán no Teatro Principal entre o 7 de marzo e o 31 de maio.
Trátase dunha completa programación que, como destacou o alcalde, Miguel Fernández Lores, "axudan a afianzar a oferta cultural da cidade". En todo caso, o rexedor capitalino lamentou que, debido a unha serie de circunstancias a Fundación renuncie a organizar as súas tradicionais saídas cicloturísticas por Pontevedra e a súa comarca e que, sinalou, "permitían achegar o noso entorno a moitos cidadáns".

Fonte: PontevedraViva

No hay comentarios:

Publicar un comentario