domingo, 9 de junio de 2013

ASOBLOG SALNÉS TRIUNFA DE NOVO

O FESTIVAL DE BAILE GALEGO TODO UN ÉXITO
O lema de “Como se pode facer tanto con tan pouco”, só o pode levar a cabo Asoblog Salnés despois de exitoso desfile de modas con 0 € de orzamento e da exitosa demostración de baile galego no día de hoxe cun orzamento moi reducido, dan conta do bo saber e organizar de Asoblog. O presidente Valentín fixo un gran traballo, organizando todo o evento para que nada saíra mal coa axuda inestimable dos demais socios e cunha presentación do acto por parte de Ramón R. Nogueira exquisita.. 
Asoblog quere agradecer de xeito efusivo , primeiramente aos participantes: Agrupación Tradicional Xironsa de Corvillón – Cambados, Grupo de Danzas e pendereteiras O Castro de Vilanova de Arousa, Grupo de Danzas Xeada de Vilagarcia de Arousa, A asociación Cultural Nós de Sobradelo – Vilagarcia de Arousa, Asociación Cultural Folclorica Unión Piñeira de Guillán de Vilagarcia de Arousa, e os incribles Carballeiras de Vilariño Cambados, todos raiaron a gran altura e derón un fenomenal espectáculo. Asoblog tamén por suposto quere agradecer sobremaneira aos patrocinadores "Despedidas y Espectáculos Pontevedra", Mely Peluqueria Míxta de Cambados, Librería Contos de Cambados, Escuma cerveceria bocataria de Cambados, Galifauna de Cambados, Electrosalnés de Cambados, Deluxe de Cambados, Café Bar Alameda de Cambados e Bar Estación de Cambados, sen eles non sería posible a celebración deste magno evento e por último Asoblog ten que dar as grazas tamén á colaboración especialísima de Arousa Si Radio Salnés, Conexión Dance e por suposto o Concello de Cambados. Podes ver unha ampla reportaxe gráfica do evento na columna da dereita. 


No hay comentarios:

Publicar un comentario